Falamos, ben en persoa ou empregando ferramentas online. Escoitámoste, collendo notas, facendo preguntas, tratando de entender as túas ideas, necesidades ou problemas.Canto mellor te entendamos, mellor che poderemos axudar.
Dedicamos un tempo para analizar toda a información recollida. Poñemos toda a nosa experiencia e saber ao teu servizo para asi diseñar a mellor solución para a túa idea ou proxecto. Para axudarche.
Coa proposta aceptada, comezamos a traballar. Xuntamos todas as pezas, escribindo código fonte, integrando compoñentes, facendo tests e validacións... Creamos para tí, contigo. Serás parte dos fluxos de traballo, aportando, validando e participando cos teus comentarios e decisións. Verás como o proxecto evoluciona, avanza e termina.
Cada proxecto ten as súas propias necesidades no momento da entrega. Podemos entregarche aplicacións empaquetadas e instalables, podemos encargarnos da instalación e posta en marcha nos teus sistemas, e tamén podemos asesorarte ou despregar na nube. Para algúns proxectos que o necesiten, podemos facer que o teu proxecto sexa accesible desde os nosos propios servidores.